Quotidianum

dimanche 7 juillet 2013

Colgante amorcelado

070720132804

Primeiro fruto

o mar baixo da horta

non é de bronce.

Posté par josemariabello à 20:44 - Commentaires [0] - Permalien [#]


dimanche 31 mars 2013

¿Escavamos Elviña?

O diario La Opinión publica hoxe un interesante comentario sobre o Castro de Elviña, da autoría de Ana Rodríguez, sinalando que, como tantas outras veces, las cosas de palacio van despacio.

elviña en la opinión 130331Sen título

É moi de agradecer Ana Rodríguez e a La Opinión a súa preocupación polo Castro e pola súa investigación, así como a comprensión da importancia de que non se deixe pasar a oportunidade histórica de aproveitar as boas circunstancias para dar un pulo importante a ese xacemento que goza dunha envidiable situación a carón da cidade. Vai sendo hora de que se limpe dunha vez todo lixo que xentes e medios desaprensivos botaron, sen xustificación ningunha, enriba de proxectos, institucións e persoas, e que tanto perxudicaron e mesmo perxudican a un proxecto de singular importancia para a cidade. O tempo vai poñendo a cada quen no seu lugar, e non teñan dúbidas de que ese camiño é imparable: non se pode enganar a todo o mundo todo o tempo. E nese camiño son imprescindibles os medios de comunicación, moralmente obrigados a incentivar a apoiar o que resullta bo para a cidade que os mantén.

Con todo, e sempre con carácter de letra pequena fronte ao xa dito, debo sinalar algúns pequenos erros que poden confundir ao lector: nin hai máis "externalización" que antes, nin a constructora adxudicataria se presentou conxuntamente con ningunha empresa de arqueoloxía, nin o proxecto estaba pensado para este verán, nin a duración dos traballos de escavación é de cinco meses (a escavación é de dous meses e medio, o resto é para traballos de estudo, análise, debuxo, elaboración de memorias... traballos de laboratorio en suma).

Pero o importante é o primeiro: que os medios de comunicación se sumen ao esforzo colectivo, protagonizado neste caso polo Concello da Coruña, en favor do Castro de Elviña. Como corresponde. Polo tanto, grazas. Moitas.

 

Posté par josemariabello à 17:43 - Commentaires [0] - Permalien [#]

mardi 19 mars 2013

Unha vez máis, Dombate

dombate en la voz 130319

Trae hoxe La Voz de Galicia un Especial Turismo Semana Santa que adica toda unha páxina a dous puntos de interese na Terra de Soneira: os Batáns de Mosquetín e Dombate.

Non me queda máis remedio que recoñecer que ainda non visitei os batáns de Mosquetín, un pecado que ten difícil perdón, por canto fun testigo presencial da teima incesante de Xosé Mª Lema, Chaíto, sobre a Dirección Xeral do Patrimonio Histórico, durante os dous anos (1985-1987) que exercín a Xefatura dos Servicios Técnicos de Arqueoloxía baixo a dirección de Raquel Casal, antiga xefa e actual boa amiga. Lembro ter bromeado con Raquel dicíndolle "Xefa, é mellor que lle restaures os batáns a Chaíto, porque do contrario non o vas quitar de encima". Tan teimudo foi cos batáns que, cando o vía chegar pola Dirección Xeral, xa lle entonaba unha copliña ad hoc:

O batán de Mosquetín

fai tirín-tin-tin.

De Mosquetín o batán

fai tarán-tan-tan.

E non foi só Chaíto. Outros houbo que tamén deron a murga arreo para que os batáns fosen rehabilitados. Dende logo, Roberto Mouzo, un dos grandes de Vimianzo, hai pouco desaparecido. E, se a memoria non me engana, tamén Xosé Ameixeiras, hoxe director da delegación de Carballo de La Voz de Galicia. Se os batáns non desapareceron convertidos en ruina, e se hoxe poden ser visitados, foi gracias a eles, e xusto é recordalo así.

Poucas terras, poucas, co pulo e a conciencia de Bergantiños e Soneira. Bravo por eles.

De Dombate pouco podo engadir o xa dito unha e mil veces, salvo destacar a foto de José Manuel Casal que testifica o impresionante traballo realizado no monumento por Manolo Lestón e os seus colaboradores. Velaí, por se fixera falta, a proba contundente de que en Manolo Lestón temos un dos máis sólidos, fiables, eficaces e eficientes arqueólogos da Galicia actual. E tamén, se acaso, sinalar a sopresa que levei ao ver que a autora dos textos é Dolores Vázquez, redactora daquela delirante noticia na que, sen comprobar a veracidade e as fontes, redactou e publicou, en xaneiro de 2011 se mal non lembro, unha serie de mentiras que lle contaran acerca de min e do Juzgado de Instrucción nº 1. Non oculto a satisfacción de que hoxe tivese que poñer o meu nome, mesmo disimulando o meu papel nun "participó en las primeras excavaciones", nun solto, ben destacado en cor, sobre o 25 aniversario das escavacións que no seu día dirixín. Non hai como o tempo para que cada un ocupe (ou volte a ocupar) o lugar que lle corresponde.

E sempre é bo lembrar que, frente ás máximas de Goebbels "calumnia, que algo queda" e "unha mentira repetida mil veces transfórmase nunha verdade", se ergue a voz rexa e baril de Abraham Lincoln: "Pódese enganar a algúns todo o tempo. Pódese enganar a todos algún tempo. Pero é imposible enganar a todo o mundo todo o tempo". Que se saiba.

E tamén, sempre, a de Tomás de Kempis: "Non és máis porque te alaben nin menos porque te vituperen. O que és, iso és".

dombate en la voz 130319 detalle

 

 

Posté par josemariabello à 22:46 - Commentaires [0] - Permalien [#]

mercredi 13 février 2013

Tempus fugit: 25 anos non é nada.

Emocionante artículo de Cristina Viu en La Voz - Carballo.

Gracias, Cristina.

Posté par josemariabello à 07:56 - Commentaires [0] - Permalien [#]

lundi 4 février 2013

Dombate: o relevo

No Día Mundial contra o Cáncer, a Manolo e Carmeliña, con lexítimo orgullo, gratitude e admiración.

dombate 130201 01 IMG_9565

(Foto de Manolo Lestón, venres 1 de febreiro de 2013)

RENDIÇÃO (Miguel Torga)

Vem, camarada, vem
render-me neste sonho de beleza!
Vem olhar doutro modo a natureza
e cantá-la também

Ergue o teu coração como ninguém;
Fala doutro luar, doutra pureza;
Tens outra humanidade, outra certeza:
Leva a chama da vida mais além!

Até onde podia, caminhei.
Vi a lama da terra que pisei,
e cobri-a de versos e de espanto.

Mas, se o facho é maior na tua mão,
vem camarada irmão,
erguer sobre os meus versos o teu canto.

 

Posté par josemariabello à 11:28 - Commentaires [0] - Permalien [#]


dimanche 27 janvier 2013

O Bolshoi na Coruña

bolshoi na coruña

Non, non é de agora. Pero foi. O próximo mes de xullo fará 20 anos. Unha das cousas que un tivo a sorte de vivir. Nesa ocasión, xunto a Arturo Bodelón Nieto, o grande Arturo. Cando me lembro del sempre me veñen a cabeza as Danzas Polovtsianas do Príncipe Igor, a obra de Borodin que o Bolshoi presentou entón no Coliseo, como recolle a crónica do ABC do 1 de agosto de 1993.
Como estas, pero mellor.

 

Posté par josemariabello à 22:58 - Commentaires [0] - Permalien [#]

dimanche 20 janvier 2013

Quico Mitchell e a arqueoloxía urbana na Coruña

Onte celebramos a xubilación de Quico, D. Diego Enrique Mitchell Esclusa, Inxeñeiro Xefe municipal da Coruña. O acto está ben reseñado en La Voz de Galicia de hoxe, con foto na que, con orgullo, aparezo perto del. Co orgullo de ter sido colaborador en moi diversas ocasions, algunhas dende a discrepancia, pero, sobre todo, co orgullo de sermos amigos.

COMIDA MITCHELL 130118 PLANA COMPLETAAo finalizar a comida, e previamente a facerlle entrega dos consabidos obsequios, tomaron a palabra tres dos alcaldes cos que traballou Quico na súa longa traxectoria profesional: Liaño Flores, Losada Azpiazu e Paco Vázquez. Os tres falaron, cómo non, das enormes cualidades humanas de Quico así coma a súa enorme calidade como inxeñeiro e da súa faceta de persoa comprometida coa cidade.

Pero ninguén citou, dentro desta última, o fundamental papel que tivo Mitchell no desenvolvemento e na consolidación da arqueoloxía urbá na cidade da Coruña. Tanto él desde a Xefatura da Área de Infraestructuras como Xesús Arsenio, tamén presente no acto, dende a de Urbanismo son figuras claves, imprescindibles, se se quere entender con xusticia e aténdose á verdade histórica cómo, de ser inexistente, a arqueoloxía urbá pasou a ser unha actividade regulada e obligatoria nas áreas cidadás susceptibles de albergar restos arqueolóxicos de diferentes épocas.

Non digo máis. Pero que quede constancia do agradecemento a Mitchell e a Arsenio dun arqueólogo que tentou, hai xa ben de anos, poñer a andar a arqueoloxía na cidade. Conseguiuse, o que non sería posible sen as dúas persoas citadas: o inxeñeiro Mitchell e o arquitecto Arsenio. E, para colmo, queréndonos ben.

Ás veces da gosto mirar para atrás. Outras non, claro; a traición é unha mancha que non envellece, escoitei hoxe nalgures, cecais en Homeland. Pero eses desaparecen do mapa máis temprano que tarde. O que queda é o outro. Felizmente.

out4

Posté par josemariabello à 03:54 - Commentaires [0] - Permalien [#]

mardi 15 janvier 2013

¿Non é un pouco cedo para entrarmos no mito?

 A edición de hoxe de La Voz de Galicia ven acompañada dun póster-monográfico da Torre de Hércules. Moita boa xente nos participantes: fotos de Manuel Marras (o grande póster central), Kopa, César Quián, Sandra Alonso e, sorpresa, Janet González Valdés, de Aéreas Imagen, que tantas e tan boas fotos aèreas nos ten feito, xunto con Carlos, no Castro de Elviña.

torre cristobo poster páxina ANCHA CON CUADRADO

torre cristobo poster recorte

O texto, cómo non, do amigo Cristobo Ramírez; tan bo e vello amigo que xa me mete no tempo ahistórico do mito, e velahí me teñen compartindo lenda con Breogán, Gerión e Hércules. Un, que nunca pretendeu nin facer patria (¡qué lástima que yo no tenga una patria!), e de repente se atopa facendo Olimpo. Manda carallo!

Ou, se o prefiren, acompañando a grandes nomes da Historia, como Gaio Sevio Lupo, o arquitecto lusitano, ou Alfonso X o Sabio, ou mesmo o inxeñeiro Eustaquio Giannini, que tan boas obras nos legou feitas en pedra ou en papel e pluma. 

¡Ai, amigo Cristobo! Non teño eu categoría para compartir esa mesa na que con máis xustiza estaría Josep Cornide ou, se queres, o bo de Manito, ao que debemos, máis que a ningún outro, o recoñecemento da Torre como Patrimonio Mundial.

Pero non vou negar que, ao verme nesa compaña de lenda e historia, subiume pola médula unha calor reconfortante, moi oportuna despois de tanto tempo difícil por fas ou por nefas.

Nin son un acosador sexual ou laboral, nin son un xeño da arqueoloxía digno de entrar na lenda. Os meus méritos e deméritos terei coma todo o mundo, pero podo xurar e xuro que nada fóra do normal. O que sí é verdade é que podo pecar de orgullo por ter amigos da túa categoría, e que iso compensa das calumnias de outra xente certamente indigna.

Moitas grazas, amigo.

(E non deixes de pinchar onde "¡que lástima que yo no tenga una patria!"; sae a voz de León Felipe recitando o seu propio poema, todo un luxo

 

 

 

 

Posté par josemariabello à 20:18 - Commentaires [0] - Permalien [#]

lundi 14 janvier 2013

Defecto de fabricación

defecto_de_fabricaci_n

Posté par josemariabello à 00:48 - Commentaires [0] - Permalien [#]

samedi 5 janvier 2013

"Hai que aprender de Dombate"

Contraportada de hoxe en La Voz de Galicia, por Ángel Palmou:

Como dicía Carlos Alonso del Real cando tiña que intervir nalgunha tese ou tesina que presentaba en calidade de director, "eu son o padriño, non digo ren". Polo tanto, sen comentarios.

Posté par josemariabello à 17:49 - Commentaires [0] - Permalien [#]