Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
Quotidianum
15 janvier 2013

¿Non é un pouco cedo para entrarmos no mito?

 A edición de hoxe de La Voz de Galicia ven acompañada dun póster-monográfico da Torre de Hércules. Moita boa xente nos participantes: fotos de Manuel Marras (o grande póster central), Kopa, César Quián, Sandra Alonso e, sorpresa, Janet González Valdés, de Aéreas Imagen, que tantas e tan boas fotos aèreas nos ten feito, xunto con Carlos, no Castro de Elviña.

torre cristobo poster páxina ANCHA CON CUADRADO

torre cristobo poster recorte

O texto, cómo non, do amigo Cristobo Ramírez; tan bo e vello amigo que xa me mete no tempo ahistórico do mito, e velahí me teñen compartindo lenda con Breogán, Gerión e Hércules. Un, que nunca pretendeu nin facer patria (¡qué lástima que yo no tenga una patria!), e de repente se atopa facendo Olimpo. Manda carallo!

Ou, se o prefiren, acompañando a grandes nomes da Historia, como Gaio Sevio Lupo, o arquitecto lusitano, ou Alfonso X o Sabio, ou mesmo o inxeñeiro Eustaquio Giannini, que tan boas obras nos legou feitas en pedra ou en papel e pluma. 

¡Ai, amigo Cristobo! Non teño eu categoría para compartir esa mesa na que con máis xustiza estaría Josep Cornide ou, se queres, o bo de Manito, ao que debemos, máis que a ningún outro, o recoñecemento da Torre como Patrimonio Mundial.

Pero non vou negar que, ao verme nesa compaña de lenda e historia, subiume pola médula unha calor reconfortante, moi oportuna despois de tanto tempo difícil por fas ou por nefas.

Nin son un acosador sexual ou laboral, nin son un xeño da arqueoloxía digno de entrar na lenda. Os meus méritos e deméritos terei coma todo o mundo, pero podo xurar e xuro que nada fóra do normal. O que sí é verdade é que podo pecar de orgullo por ter amigos da túa categoría, e que iso compensa das calumnias de outra xente certamente indigna.

Moitas grazas, amigo.

(E non deixes de pinchar onde "¡que lástima que yo no tenga una patria!"; sae a voz de León Felipe recitando o seu propio poema, todo un luxo

 

 

 

 

Publicité
Publicité
Commentaires
Quotidianum
Publicité
Newsletter
Archives
Quotidianum
Publicité