Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
Quotidianum
31 mars 2013

¿Escavamos Elviña?

O diario La Opinión publica hoxe un interesante comentario sobre o Castro de Elviña, da autoría de Ana Rodríguez, sinalando que, como tantas outras veces, las cosas de palacio van despacio.

elviña en la opinión 130331Sen título

É moi de agradecer Ana Rodríguez e a La Opinión a súa preocupación polo Castro e pola súa investigación, así como a comprensión da importancia de que non se deixe pasar a oportunidade histórica de aproveitar as boas circunstancias para dar un pulo importante a ese xacemento que goza dunha envidiable situación a carón da cidade. Vai sendo hora de que se limpe dunha vez todo lixo que xentes e medios desaprensivos botaron, sen xustificación ningunha, enriba de proxectos, institucións e persoas, e que tanto perxudicaron e mesmo perxudican a un proxecto de singular importancia para a cidade. O tempo vai poñendo a cada quen no seu lugar, e non teñan dúbidas de que ese camiño é imparable: non se pode enganar a todo o mundo todo o tempo. E nese camiño son imprescindibles os medios de comunicación, moralmente obrigados a incentivar a apoiar o que resullta bo para a cidade que os mantén.

Con todo, e sempre con carácter de letra pequena fronte ao xa dito, debo sinalar algúns pequenos erros que poden confundir ao lector: nin hai máis "externalización" que antes, nin a constructora adxudicataria se presentou conxuntamente con ningunha empresa de arqueoloxía, nin o proxecto estaba pensado para este verán, nin a duración dos traballos de escavación é de cinco meses (a escavación é de dous meses e medio, o resto é para traballos de estudo, análise, debuxo, elaboración de memorias... traballos de laboratorio en suma).

Pero o importante é o primeiro: que os medios de comunicación se sumen ao esforzo colectivo, protagonizado neste caso polo Concello da Coruña, en favor do Castro de Elviña. Como corresponde. Polo tanto, grazas. Moitas.

 

Publicité
Publicité
Commentaires
Quotidianum
Publicité
Newsletter
Archives
Quotidianum
Publicité