Canalblog
Editer l'article Suivre ce blog Administration + Créer mon blog
Publicité
Quotidianum
1 janvier 2013

25 anos de Dombate: a miña homenaxe 2

A miña homenaxe aos que o fixeron posible:

O primeiro equipo de consolidación e restauro.

Ao deixarmos ao descuberto na campaña de 1988 as pinturas do monumento, que abranguían a totalidade das lousas da cámara e do corredor, prantexóusenos de inmediato a dificultade técnica da súa conservación a fin de que puideran seren contempladas polos cidadáns (os máis que incorrectos criterios aplicados na solución que se impuxo, pola arbitraria forza da Administración, que nin aprobamos entón nin aprobamos agora, impiden que o público vexa as pinturas orixinais, sustituidas por unha réplica fóra de contexto e carente tanto de significado científico como de emotividade: para esa triste e pobre viaxe non facían falla alforxas nin costosísimos alardes arquitectónicos fóra de lugar). A fin de enfocar dun xeito correcto a difícil problemática que se abría co inesperado achado, a Diputación da Coruña aceptou correr cos gastos dunha reunión de urxencia, coordinada polo entón Director do Museo de Belas Artes da Coruña, Félix de la Fuente Andrés. Os mellores expertos en tratamento de pinturas murais e de restos prehistóricos afrontaron de bo grado as dificultades e incomodidades e trasladáronse unha fin se semá a Dombate, donde tiveron lugar unha intensa serie de reunións e estudos de campo que abrangueron tamén o dolmen de Pedra Cuberta, estudado no seu momento por Georg Leisner. De ese traballo e esas reunións saíron as pautas que posteriormente foron desenvolvidas e executadas por profesionais e empresas do sector.

Todos estes profesionais do primeiro equipo, fundamental para a salvación das pinturas, prestaron a súa actuación de xeito voluntario e gratuito. É de xustiza, non cumprida ata hoxe, que esta xente xenerosa sexa recoñecida. Vaia para eles o noso agradecemento e a nosa homenaxe:

dombate88 grupo conservación e restauro

De esquerda a dereita: Carmen del Valle, María Sanz, Félix de la Fuente, Ignasi Millet, Carmelo Fdez. Ibáñez, José María Bello, Fernando Cebrián.

Publicité
Publicité
Commentaires
Quotidianum
Publicité
Newsletter
Archives
Quotidianum
Publicité